Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 11 de setembro de 2020 Páx. 35877

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

ANUNCIO da Resolución da Alcaldía en procedemento de execución subsidiaria de xestión de biomasa vexetal e adaptación de plantacións ao establecido na Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (expediente 6820/2019).

Por non ter sido posible a notificación das persoas interesadas no procedemento, e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio do presente anuncio comunícase e requírense as persoas responsables da súa obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas, concedéndolles para facelo un prazo máximo de quince (15) días naturais, desde a publicación no Boletín Oficial del Estado do anuncio preceptivo.

Indícase que o texto íntegro do acto que se notificará, así como o expediente no seu conxunto, se atopa á disposición dos interesados para o seu exame e coñecemento nas dependencias de Urbanismo do Concello de Viveiro.

Referencia catastral: 27067A026012790000XU Parcela 1279 polígono 26 en Paraiso, Viveiro (Lugo).

Titularidade catastral: NIF: 79322428M.

O que se publica para os efectos indicados.

Viveiro, 21 de agosto de 2020

María Loureiro García
Alcaldesa