Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 11 de setembro de 2020 Páx. 35870

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO da convocatoria para cubrir, en réxime de interinidade, unha praza vacante de técnico de xestión de secretaría, grupo A, subgrupo A2.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO) número 155, do 13 de agosto de 2020, publicouse o anuncio relativo ás bases reguladoras do proceso selectivo para cubrir, en réxime de interinidade, unha praza vacante de técnico de xestión de secretaría, grupo A, subgrupo A2, polo sistema de oposición libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte, se o dito prazo rematase nun día inhábil.

Os sucesivos anuncios deste proceso selectivo, cando procedan, realizaranse na forma prevista nas propias bases.

O Porriño, 25 de agosto de 2020

Eva García de la Torre
Alcaldesa