Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 11 de setembro de 2020 Páx. 35834

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 25 de agosto de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Pigarcre, S.L. para unha explotación porcina de ceba situada en Finca Abelar II, parroquia de San Pedro de Vizoño, no concello de Abegondo (expediente 2019-IPPC-M-121).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31 de decembro) regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19.10.2013) regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, sométese a información pública, durante un período de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:

Pigarcre, S.L.-Proxecto de revisión de autorización ambiental integrada da explotación porcina El Abelar II. Rev.01_21/08/2020.

Para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

Os documentos estarán ao dispor dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).

Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Expediente: 2019-IPPC-M-121.

Núm. da autorización ambiental integrada: 2007/0031_NAA/IPPC_218.

Categoría principal da actividade: anexo I, categoría 9.3.b do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro.

Titular: Pigarcre, S.L.

NIF: B15626138.

Localización da instalación: Finca Abelar II, parroquia de San Pedro de Vizoño, 15318 Abegondo (A Coruña). Referencia catastral da parcela: 15001A042003240000JE.

Actividade principal: explotación porcina de ceba.

Descrición: a explotación está formada por 5 naves operativas con capacidade para 3.510 prazas para porcos de ceba e por 5 naves en desuso.

Lévanse a cabo 2 ciclos produtivos anuais. O ciclo produtivo comeza cando os leitóns chegan á explotación cun peso aproximado de 20 kg, onde permanecen ata acadaren un peso entre 90-110 kg, momento en que son enviados ao matadoiro. Despois ten lugar un baleiro sanitario de 15 días, previo á recepción dos novos animais.

A totalidade do xurro producido na instalación será enviado a xestor autorizado. A explotación conta cunha balsa exterior para o almacenamento de xurros, para a cal se presenta unha proposta de cubrición consistente en instalar unha cuberta ríxida de formigón prefabricado, constituído por piares, vigas e viguetas pretensadas.

Verteduras: as augas de limpeza das instalacións e as augas sanitarias xeradas nos aseos e vestiarios son enviadas xunto cos xurros producidos na explotación á balsa de almacenamento de xurros exterior para a súa posterior xestión conxunta. As augas pluviais son vertidas directamente ao terreo.