Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 11 de setembro de 2020 Páx. 35796

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2020 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por este ente público no segundo cuadrimestre do ano 2020.

Para os efectos previstos no artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), acórdase dar publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega) no primeiro cuadrimestre do ano 2020 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2020

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Nº 1.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e o Concello de Parada de Sil para a subministración de enerxía eléctrica á Fabrica da Luz de Barxacova.

Obxecto: constitúe o obxecto deste convenio o establecemento das condicións da colaboración entre o Inega e o Concello de Parada de Sil para levar a cabo a subministración eléctrica á Fabrica da Luz de Barxacova.

Sinatura: 2 de xuño de 2020.

Importe: 15.000 €.

Nº 2.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Asociación Clúster da Xeotermia Galega (Acluxega) para a realización dun estudo conxunto que defina o papel da xeotermia cara a unha transición enerxética xusta.

Obxecto: o obxecto do presente convenio é establecer as condicións da colaboración entre o Inega e Acluxega para a realización dun estudo conxunto que defina o potencial do recurso xeotérmico en Galicia, as medidas e accións que se van poñer en marcha e os obxectivos que se prevén acadar no período 2021-2030.

Sinatura: 13 de xuño de 2020.

Importe: 35.000 €.

Nº 3.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e o Concello de Mondoñedo para o desenvolvemento do proxecto de recuperación da maquinaria da minicentral hidroeléctrica do río Tronceda (anualidades 2020-2021).

Obxecto: constitúe o obxecto deste convenio o establecemento das condicións para a colaboración entre o Inega e o Concello de Mondoñedo para levar a cabo o proxecto de recuperación da maquinaria da minicentral hidroeléctrica do río Tronceda.

Sinatura: 29 de xuño de 2020.

Importe: 28.000 €.

Nº 4.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e o Club Deportivo Lugo para a realización dun proxecto demostrativo para a renovación da iluminación no campo de fútbol Anxo Carro (Lugo).

Obxecto: establecer o modo e as condicións en que se vai desenvolver a execución do proxecto demostrativo para a renovación da iluminación do campo de fútbol Anxo Carro de Lugo.

Unha vez avaliada a solución técnica proposta, o seu alcance será o que se reflicte a seguir:

– Renovación da iluminación, con novas fontes de luz de alta eficiencia con tecnoloxía LED.

– Renovación da infraestrutura eléctrica.

– Implantación dun sistema de control da iluminación deportiva.

Sinatura: 2 de xullo de 2020.

Importe: 788.318,50 €.