Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 10 de setembro de 2020 Páx. 35732

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadeo

ANUNCIO de convocatoria dunha praza de técnico en orientación e inserción laboral con carácter de funcionario interino para o desenvolvemento dun programa temporal.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 189, de 19 de agosto de 2020, publícanse integramente as bases reguladoras do acceso a un posto de técnico en orientación e inserción laboral con carácter de funcionario interino (artigo 10.1.c) do EBEP) para o desenvolvemento dun programa temporal.

De conformidade co previsto na base 8ª das referidas bases, o prazo para a presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios realizaranse no BOP de Lugo, no taboleiro de anuncios do Concello de Ribadeo e na sede electrónica da web municipal www.ribadeo.gal

Ribadeo, 19 de agosto de 2020

Pablo Vizoso Galdo
Alcalde accidental