Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 10 de setembro de 2020 Páx. 35699

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 28 de agosto de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico do Plan especial de reforma interior do ámbito de solo urbano non consolidado SUNC-R02 (rúa Forcarei) do Plan xeral de ordenación municipal, no concello da Estrada (expediente 2020AAE2450; código 2319/2020).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico do 28 de agosto de 2020, sobre o Plan especial de reforma interior do ámbito de solo urbano non consolidado SUNC-R02 (rúa Forcarei) do Plan xeral de ordenación municipal, no concello da Estrada.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático