Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 10 de setembro de 2020 Páx. 35702

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Alcrique, S. Coop. Galega Xuvenil.

No artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, modificada pola Lei 14/2011, do 16 de decembro, e no Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, no artigo 53, establece a obrigatoriedade de publicar, no Diario Oficial de Galicia, a modificación dos artigos 1 e 44 dos estatutos sociais (cambio denominación e capital social mínimo), da entidade Alcrique, S. Coop. Galega Xuvenil, acordada na asemblea xeral do 13 de febreiro de 2020, por unanimidade. A nova denominación da cooperativa é Alcrique, S. Coop. Galega e consta como novo capital social mínimo 3.000,00 €.

RESOLVO:

Dispoñer a publicación no Diario Oficial de Galicia da modificación dos artigos 1 e 44 dos estatutos (cambio denominación e capital social mínimo), da entidade Alcrique, S. Coop. Galega.

Vigo, 25 de agosto de 2020

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra