Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 10 de setembro de 2020 Páx. 35710

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 27 de agosto de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas en expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas.

Inentada a notificación ás persoas interesadas que se especifican no anexo, das resolucións das súas solicitudes de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícanselles por medio deste anuncio co fin de que poida coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, os interesados poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da xefatura territorial, sita na rúa Montevideo, nº 9, 2º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación aos interesados en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Así mesmo, ponse en coñecemento dos interesados que as resolucións relacionadas no anexo poñen fin á vía administrativa de conformidade co disposto no artigo 114 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, podendo interpor recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o disposto nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e no artigo 91 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte á notificación, segundo o artigo 46 da referida lei xurisdicional.

Lugo, 27 de agosto de 2020

Begoña Seco Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente

Nº recurso de alzada

DNI/NIE/PAS

Data da resolución

25228

551/19

A01682159

16.1.2020