Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 9 de setembro de 2020 Páx. 35476

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (SS 132/2018).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de Seguridade Social 132/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcos Federico Agraso contra Mutua Egarsat, Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., Ambuibérica, S.L. e Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

Acordo:

– Transferir ao número de conta da parte demandante a cantidade de 371,38 euros en concepto de prestación IT.

– Considerar desistida a parte demandante da súa demanda e acordar o sobresemento destas actuacións e o arquivamento dos autos.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos e déixese certificación del no procedemento da súa razón.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Poderase interpoñer recurso directo de revisión ante quen dita esta resolución mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida ao xuízo do recorrente, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación (artigo 188.2 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para interpor recuso de 25 euros na conta nº 1596, clave 64 N, do Banesto e indicar, no campo Concepto, Recurso seguido do código 31 Social-revisión. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación Recurso seguida do código 31 Social-revisión. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo Observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza.

Para que sirva de notificación en legal forma a Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2020

A letrada da Administración de xustiza