Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 8 de setembro de 2020 Páx. 35415

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Catoira

ANUNCIO de notificación de orde de execución aos titulares de parcelas ao abeiro da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Ao non ser posible a práctica de comunicación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a seguir, por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a resolución de orde de execución de xestión de biomasa, co fin de que no prazo de quince (15) días naturais, que comezarán a contarse desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial del Estado, os interesados no procedemento procedan á xestión da biomasa, segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia, así como á retirada de especies arbóreas prohibidas a que se refire o artigo 22 da citada lei.

Advírtese aos titulares das referencias catastrais da facultade do Concello para a realización subsidiaria ou forzosa, mediante a imposición de multas coercitivas. Advírteselles que están obrigados a facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión da biomasa, sen prexuízo do expediente sancionador que se instruirá.

A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición nas oficinas municipais do Concello de Catoira, situadas na rúa do Concello, núm. 1, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborais, de luns a venres.

Núm. de expediente

Titular

Referencia catastral

Lugar

118/2020

En investigación

36010A037004130000DB

Cores (Abalo)

124/2020

Ksahogar Viviendas, S.L.U.

2539604NH2223N0001DH

Outeiriño (Catoira)

125/2020

En investigación

36010A028300680000DA

Mirador

126/2020

En investigación

2642906NH2224S0001SK

Ps. As Lombas

126/2020

En investigación

2642905NH2224S0001EK

Ps. As Lombas

126/2020

En investigación

2642904NH2224S0001JK

Ps. As Lombas

126/2020

En investigación

2642902NH2224S0001XK

Ps. As Lombas

126/2020

En investigación

2642908NH2224S0001UK

Ps. As Lombas

128/2020

Ramona García Castro

36010A015501190000DB

Baiuca

128/2020

En investigación

36010A015701190000DZ

Baiuca

130/2020

Mosaicos Hierro, S.L.

1732402NH2213S0001GB

Av. Muíños de Vento

130/2020

En investigación

1732407NH2213S0001FB

Av. Muíños de Vento

131/2020

En investigación

36010A020202050000DA

Coaxe

Catoira, 3 de agosto de 2020

Alberto García García
Alcalde presidente