Rematado o prazo de presentación de solicitudes para participar no proceso selectivo convocado pola Resolución do 27 de maio de 2020, da Universidade da Coruña (DOG do 8 de xuño) pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión de prazas mediante o sistema de libre designación,
Esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro, e da delegación de competencias operada por Resolución reitoral do 14 de xaneiro de 2020, resolve facer pública a adxudicación dos referidos postos do xeito que se indica:
Nº de posto |
Denominación |
Centro |
Apelidos e nome |
Nº de rexistro persoal |
152 |
Secretario/a |
Vicerreitoría de Política Científica, Investigación e Transferencia |
Rey Abuín, Silvia |
3282279446 A7495 |
356 |
Secretario/a |
Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Empregabilidade |
Rey Casal, María Yolanda |
2022123235 A7495 |
748 |
Secretario/a |
Vicerreitoría de Infraestruturas e Sustentabilidade |
Martínez Rial, Silvana María |
3282215968 A7495 |
749 |
Secretario/a |
Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Deportes |
Rey Albarellos, Alberto |
4483418435 A7495 |
396 |
Secretario/a |
Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social |
Arias Vázquez, Rocío |
3334831357 A7495 |
O cesamento no destino actual dos/das funcionarios/as que obtiveron a praza producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
O prazo para a toma de posesión da praza adxudicada será de tres días hábiles contados a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. No caso de que os/as adxudicatarios/as obteñan coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles e computarase desde a data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo.
O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, fosen concedidos aos/ás interesados/as. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).
A Coruña, 28 de agosto de 2020
Ramón del Valle López
Xerente da Universidade da Coruña