Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 8 de setembro de 2020 Páx. 35410

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 27 de agosto de 2020, da Zona Norte, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Lucus Market, S.L. para a modificación, por ampliación de prazo extraordinario, da concesión administrativa outorgada a esta sociedade con destino a centro comercial no dominio público portuario do porto de Viveiro-Celeiro (expediente 14-07-91-C-1).

O día 14.4.2020, a presidenta de Portos de Galicia acordou iniciar o trámite da modificación, por ampliación de prazo extraordinario, da concesión administrativa outorgada á empresa Lucus Market, S.L. con destino a centro comercial no dominio público portuario do porto de Viveiro-Celeiro, de acordo coa solicitude presentada pola concesionaria.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 69 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da xefatura da Zona Norte, sitas na r/ Nicomedes Pastor Díaz, nº 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 27 de agosto de 2020

Antonio López Fernández
Xefe da Zona Norte