Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 7 de setembro de 2020 Páx. 35302

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de agosto de 2020, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifican as resolucións de recursos de alzada contra o Acordo de reestruturación parcelaria de Dombodán-Branzá II (Arzúa-A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícase ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, en que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio nas dependencias da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2020

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

REC

Nome/DNI

Acto que se notifica

14

14873819H

Resolución recurso de alzada

14

29188180F

Resolución recurso de alzada

6

33142167H

Resolución recurso de alzada

3

33066927B

Resolución recurso de alzada