Establecida a nova configuración dos departamentos que integran a Xunta de Galicia polo Decreto 110/2020, do 6 de setembro, procede o nomeamento dos seus titulares.
Na súa virtude, no uso das atribucións que me confiren o artigo 16, número 3º, do Estatuto de autonomía de Galicia, e o artigo 26, número 1º, da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,
DISPOÑO:
Artigo único
Nomear titulares das vicepresidencias e consellerías da Xunta de Galicia as persoas que a seguir se relacionan:
– Alfonso Rueda Valenzuela, vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo.
– Francisco José Conde López, vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación.
– Valeriano Martínez García, conselleiro de Facenda e Administración Pública.
– Ángeles Vázquez Mejuto, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
– Ethel María Vázquez Mourelle, conselleira de Infraestruturas e Mobilidade.
– Román Rodríguez González, conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.
– María Jesús Lorenzana Somoza, conselleira de Emprego e Igualdade.
– Julio García Comesaña, conselleiro de Sanidade.
– Fabiola García Martínez, conselleira de Política Social.
– José González Vázquez, conselleiro do Medio Rural.
– Rosa María Quintana Carballo, conselleira do Mar.
Santiago de Compostela, seis de setembro de dous mil vinte
Alberto Núñez Feijóo
Presidente