Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 4 de setembro de 2020 Páx. 35186

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de notificación de orde de execución ao titular do predio con referencia catastral 32076A001002860000UY.

Ao non ser posible a notificación da forma habitual e segundo o establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, así como o establecido no artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, modificada pola Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, ponse en coñecemento do titular do predio coa referencia catastral 32076A001002860000UY o seguinte:

«Unha vez visto o expediente 690/2020 relativo ao incumprimento dos deberes previstos no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, respecto ao predio coa referencia catastral 32076A001002860000UY, cunha extensión de 1.433 m².

En cumprimento do disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia requírese o propietario, arrendatario ou usufrutuario da parcela coa referencia catastral 32076A001002860000UY, localizada na Farixa, para que no prazo de quince (15) días execute os traballos de limpeza da maleza existente no predio de referencia, coa advertencia da facultade do Concello da realización da execución subsidiaria ou ben forzosa, mediante a imposición de multas coercitivas. Está obrigado a facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión de biomasa».

San Cibrao das Viñas, 14 de agosto de 2020

M. Pedro Fernández Moreiras
Alcalde