Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 4 de setembro de 2020 Páx. 35163

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 21 de agosto de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente de inscrición, baixa e/ou modificación/actualización de datos do Rexistro Vitícola de Galicia (expediente AV/32/2020/037 e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázase ao interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia

Segundo o establecido no artigo indicado, o acto será publicado no Boletín Oficial del Estado, quedando a eficacia do mesmo supeditada a esa publicación.

O acto foi adoptado polo xefe territorial do Medio Rural en Ourense.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Explotacións Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Florentino L. Cuevillas, nº 4 e 6, baixo (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Ourense, 21 de agosto de 2020

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente

Denunciado

Acto de notificación

AV/32/2020/037

76724732K

Resolución de desistencia

AV/32/2020/038

76724732K

Resolución de desistencia