Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 4 de setembro de 2020 Páx. 35165

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 21 de agosto de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 10 de agosto de 2020 de autorización de cambio de actividade de forestal a agrícola da parcela 995 do polígono 10, ZCP 10, do termo municipal da Pontenova.

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.b) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 10 de agosto de 2020, o cambio de actividade de forestal a agrícola da parcela 995 do polígono 10, ZCP 10, do termo municipal da Pontenova.

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 17 de abril de 2020.

Lugo, 21 de agosto de 2020

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo