Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 3 de setembro de 2020 Páx. 35088

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 12 de agosto de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, de alleamento mediante poxa das patrulleiras Xistral e María do Río mediante o procedemento de ofertas en sobre pechado con apertura en acto público.

De conformidade co disposto no artigo 66 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en aplicación da Orde de alleamento da Consellería do Mar do 9.7.2020, anúnciase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e na seguinte ligazón: https://mar.xunta.gal/gl/conselleria/transparencia-e-goberno-aberto/poxas-publicas-de-bens-mobles-patrimoniais o inicio do procedemento para o alleamento mediante poxa pública das patrulleiras Xistral e María do Río.

1. Obxecto da poxa: alleamento da patrulleira María do Río, con matrícula 8ª VILL-3-2-08 e da patrulleira Xistral, con matrícula 8ª VI-5-3-91, que se atopan desafectadas do servizo público mediante resolucións da Consellería do Mar de datas do 2.12.2019 e do 22.6.2020, respectivamente.

A descrición técnica en detalle e a taxación das patrulleiras recóllense en informes de valoración que poden ser consultados na seguinte ligazón: https://mar.xunta.gal/gl/conselleria/transparencia-e-goberno-aberto/poxas-publicas-de-bens-mobles-patrimoniais ou solicitados na Subdirección Xeral de Coordinación Orzamentaria e Contratación da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, Edificio Administrativo San Caetano, Edificio dos Espellos, 2º andar.

2. Prezo base de licitación: o prezo base de saída para ofertar á alza para cada unha das poxas previstas é o seguinte:

Lote 1. Para a embarcación María do Río, con matrícula 8ª VILL-3-2-08.

O tipo de licitación en primeira convocatoria será de dezasete mil euros (17.000,00 €).

O tipo de licitación en segunda convocatoria será de catorce mil catrocentos cincuenta euros (14.450,00 €).

O tipo de licitación en terceira convocatoria será de once mil novecentos euros (11.900,00 €).

Lote 2. Para a embarcación Xistral, con matrícula 8ª VI-5-3-91.

O tipo de licitación en primeira convocatoria será de quince mil euros (15.000,00 €).

O tipo de licitación en segunda convocatoria será de doce mil setecentos cincuenta euros (12.750,00 €).

O tipo de licitación en terceira convocatoria será de dez mil cincocentos euros (10.500,00 €).

3. Poxas sucesivas: no caso de que non resulten adxudicadas as patrulleiras na primeira convocatoria, convocaranse sucesivamente e sen solución de continuidade ata dúas convocatorias máis.

4. Garantía provisional exixida: o licitador estará obrigado a constituír e presentar unha garantía equivalente ao 20 % do prezo base correspondente á convocatoria en que participe.

5. O ben obxecto desta poxa poderá ser examinado polas persoas interesadas, para o cal deberán dirixirse a:

Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia.

Teléfonos: 981 54 40 77/981 54 15 80.

Correo electrónico: lino.sexto.bermudez@xunta.gal

6. Prazo de presentación de proposicións: presentaranse no prazo de vinte (20) días naturais contados desde o día seguinte ao da data de publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Lugar de presentación de proposicións: os sobres entregaranse na Oficina do Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Xunta de Galicia, situada no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña). A forma de presentar as proposicións e o seu contido será o indicado no prego de condicións regulador da poxa.

8. O acto público de apertura de sobres pola Mesa farase en primeira convocatoria e, se for o caso, segunda e terceira convocatoria, o 15º día hábil seguinte ao remate do prazo de presentación de ofertas, ás 12.00, 12.30 ou 13.00 horas respectivamente, na sala de xuntas da Consellería do Mar, Edificio Administrativo San Caetano, Edificio dos Espellos, 2º andar.

9. Gastos dos anuncios: serán na súa totalidade pola conta exclusiva do adxudicatario.

10. O prego de condicións que rexerá na poxa poderá obterse na seguinte ligazón: https://mar.xunta.gal/gl/conselleria/transparencia-e-goberno-aberto/poxas-publicas-de-bens-mobles-patrimoniais ou solicitarse na Subdirección Xeral de Coordinación Orzamentaria e Contratación da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, Edificio Administrativo San Caetano- Edificio dos Espellos, 2º andar.

11. Teléfonos de información: 981 54 57 05, 981 54 49 90 e 981 54 40 28.

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2020

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar