Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 3 de setembro de 2020 Páx. 35077

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 6 de agosto de 2020, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica un acto administrativo ditado no procedemento BS210A (expediente VI-37784).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica da notificación do acto administrativo que se relaciona no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, de conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio deste anuncio emprazase para a notificación á persoa interesada que se sinalan no anexo, ou ao seu representante, o requirimento que se indica.

Para coñecer o contido íntegro dos actos que se notifican, a persoa interesada ou o seu representante debidamente acreditado poderá comparecer, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura territorial da Consellería de Política Social sitas na Praza da Estrela s/n, 3ª planta (Vigo), en horario de mañá entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres. No caso de non comparecer no prazo indicado, entenderase producida a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Advírtese que no caso de requirimentos de documentación necesaria para a instrución do expediente, de non cumprir co requirido e de conformidade co establecido no artigo 35.2 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, e a norma de procedemento administrativo común, transcorridos tres (3) meses sen que a persoa realice as actividades esenciais requiridas para continuar a tramitación, a administración declarará a caducidade do procedemento, acordándose o arquivamento das actuacións que lles será notificado á persoa interesada.

Vigo, 6 de agosto de 2020

A xefa territorial de Vigo
P.A. (Decreto 176/2015, do 3 de decembro)
Susana Figueroa Martínez
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO

Procedemento/
Nº de expediente

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do documento

BS210A VI-37784

36143039B

Requirimento de documentación complementaria

5.11.2019