O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31 de decembro) regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.
Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19 de outubro de 2013) regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.
Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, sométese a información pública, durante un período de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:
Proxecto de revisión de autorización ambiental integrada de Nutrimentos Deza, S.A. na Baíña-Agolada (Pontevedra), para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que coide convenientes.
Os documentos estarán á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).
Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).
Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2020
María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático
ANEXO
Expediente: 2019-IPPC-M-51.
Núm. da autorización ambiental integrada: 2006/0409_NAA/IPPC_053.
Categoría principal da actividade: anexo I, categoría 9.3.c) do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro.
Titular: Nutrimentos Deza, S.A.
NIF: A36011385.
Localización da instalación: A Baíña, 36520 Agolada (Pontevedra). Referencia catastral da parcela: 36020A008009330000KR.
Actividade principal: explotación de porcas reprodutoras.
Descrición: a explotación conta con capacidade para 2.420 porcas, das cales 2.376 son porcas de cría e 44 son porcas de reposición, e 3 verróns. O sistema de manexo baséase en bandas semanais; cada semana hai cubricións, partos e destetes.
Cada porca reprodutora leva a cabo 2,5 ciclos ao ano. As 2.376 porcas de cría da explotación producen 66.528 leitóns ao ano. A limpeza e desinfección das naves realízase tras cada crianza e faise con auga a presión.
A totalidade do xurro producido na explotación será enviado a parcelas agrícolas. Para o almacenamento do xurro producido a explotación conta con 2 fosas exteriores cubertas, ademais de canles interiores nas naves.
Verteduras: as augas de limpeza das instalacións son recollidas nas fosas de almacenamento de xurro, as augas fecais dos aseos e vestiarios son enviadas a un fosa séptica para o seu tratamento e posteriormente son canalizadas á fosa exterior de xurro. As augas pluviais non contan cun sistema de recollida e, polo tanto, son vertidas directamente ao terreo.