Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 2 de setembro de 2020 Páx. 34916

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 19 de agosto de 2020, da Área Provincial de Turismo de Lugo, pola que se notifica a resolución de baixa de oficio e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles aos titulares dos establecementos da provincia de Lugo que se relacionan a baixa de oficio e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta Axencia de Turismo de Galicia no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, ou, directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

O que se lle notifica en cumprimento do establecido no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 19 de agosto de 2020

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo

ANEXO

Establecemento

Titular

Enderezo

Concello

Bogart

Luis Ángel Vázquez Vázquez

Avenida Benigno Vázquez, nº 19

Monterroso

Sara Veiga Regueiro

Sara Veiga Regueiro

Lg. Muíño da Vila

Castro de Rei

Los Pitufos

César Corbacho Buide

Lg. Loentia

Castro de Rei

La Heladería

Mª Teresa Domínguez Dacoba

Camiño Real, nº 23

Lugo

Donivar Kebab

Fazal Dad, S.L.

Rúa Nova, nº 104

Lugo

Belepok

Lugo 2005, S.L.

Centro Comercial As Termas

Lugo

Dona Vaniri

Coemeve 05, S.L.

Centro Comercial As Termas

Lugo

Pleno

Recreativos Eiriz

Avenida Infanta Elena

Lugo

Francisco Rodríguez

Francisco Rodríguez

Avenida de Ourense, nº 12

Chantada

Urano

Julio José Rodríguez Carnero

Rúa Benigno Vázquez, nº 29

Monterroso

Mesón do Rubin

Modesto Rubin

Rúa Clerigos, nº 29

Lugo

El Mesón

Purificación Aldariz Vilanova

Rúa Clerigos, nº 27

Lugo

Castro Blanco

Ramón Blanco

Rúa Progreso

Lugo

Novecento

Ángel Arias Vicente

Rúa Armorica, nº 17

Lugo

Ondiña

Vanesa Franco Corral

Rúa Mallorca, nº 25

Lugo

Taberna Ramos

Sara Vázquez

Travesía do Miño, nº 7

Lugo

Murcia

Jacinto Martínez Marín

Rúa Mar Cantabrico, nº 12

Lugo