Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 2 de setembro de 2020 Páx. 34901

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 19 de agosto de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2020063AL-LU, por infraccións en materia sanitaria.

O día 18 de xuño de 2020, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2020063AL-LU, incoado á persoa titular do CIF-B27365550.

Intentouse notificar este acordo segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e non se puido practicar, polo que, mediante este anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, se lle notifica á persoa interesada o contido do referido acordo que figura como anexo.

Así mesmo, de acordo co disposto nos artigos 64.2.f) e 76 da Lei 39/2015, ten dereito a presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio. Lembráselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Montevideo, 9, de Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Advírteselle que, se non efectúa alegacións no citado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución, consonte o establecido no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Así mesmo, comunícaselle que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións no importe da sanción establecidas no artigo 85 da citada Lei 39/2015.

Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 19 de agosto de 2020

Mª Begoña Seco Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº expediente: 2020063AL-LU.

CIF da persoa interesada: B27365550.

Último enderezo coñecido: rúa Pardo Bazán, 30, 4º D, 27880 Burela.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos: artigo 51.1, párrafo 1º da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE núm. 160, do 6 de xullo).

Tipificación provisional: dúas infraccións leves.

Sanción proposta: mil euros (1.000,00 €).