Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 1 de setembro de 2020 Páx. 34816

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 7 de agosto de 2020, do Servizo de Mobilidade de Lugo, polo que se notifica o acordo de incoación de expediente sancionador en materia de transportes terrestres (expediente LU-00649-O-2020).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Lugo acordou a incoación do expediente sancionador LU-00649-O-2020 por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia (DOG). En consecuencia, mediante este anuncio notifícaselle o acordo de incoación ditado á persoa interesada.

É informada de que o expediente sancionador está á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Lugo.

Outórgaselle un prazo quince (15) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegar o que considere conveniente, presentando ou propoñendo as probas que considere oportunas.

No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Lugo, 7 de agosto de 2020

A xefa do Servizo de Mobilidade de Lugo
P.S. (Resolución do 23.7.2020)
María Ángeles Pérez Cordero
Xefa de sección

Anexo

Expediente

Matrícula

DNI/CIF denunciado

Infracción denunciada

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción

proposta

LU-00649-O-2020

MA6733CT

34264031B

Exceso de peso superior ao 5 %.

19.2.2020; 16.08; CG-2.1; 8,2

Artigo 142.2 da LOTT

Artigo 143.1.c) da LOTT

301 euros