Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 1 de setembro de 2020 Páx. 34830

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 17 de agosto de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se dispón a notificación do acordo de imposición da sexta multa coercitiva, coa carta de pagamento, do expediente sancionador IN635C/2018/126-4.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada que se relaciona no anexo a resolución de imposición da sexta multa coercitiva, coa carta de pagamento, do expediente sancionador por infracción en materia de industria, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos. Así mesmo, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A persoa interesada ou o seu representante dispón dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio de notificación, para poder examinar o expediente nas dependencias da Asesoría Xurídica da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situadas na avenida María Victoria Moreno, número 43, 5º andar, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións, probas ou recursos xulgue convenientes na defensa dos seus dereitos.

Pontevedra, 17 de agosto de 2020

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente de infracción: IN635C/2018/126-4.

Persoa interesada:.

DNI: 35987355Z.

Acto notificado: resolución de imposición da sexta multa coercitiva no expediente sancionador.