Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 1 de setembro de 2020 Páx. 34847

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 12 de agosto de 2020, do Servizo Provincial da Coruña, polo que se notifican o trámite de audiencia e as resolucións de recoñecemento de dereitos de cobramento efectuados no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra da vía de alta capacidade Carballo-Berdoias, no concello de Coristanco, por enderezo descoñecido ou incorrecto.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao resultar descoñecido o enderezo dos titulares ou incorrecto, notifícanse ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o trámite de audiencia e as resolucións de recoñecemento de dereitos de cobramento efectuados no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra da vía de alta capacidade Carballo-Berdoias, clave AC/06/140.01.75 e AC/10/140.01.75, no concello de Coristanco.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas oficinas da sede do Servizo Provincial da Coruña da AXI, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do trámite de audiencia e resolución de recoñecemento de dereitos de cobramento e constancia de tal coñecemento. A dita comparecencia deberá ser confirmada a través do sistema de cita previa no teléfono 981 18 48 69. Transcorrido o dito prazo de dez (10) días sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A Coruña, 12 de agosto de 2020

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Clave de obra

Predio

Interesado/a

Acto que se notifica

AC/06/140.01.75

103-A

Ramón Barca Pardiñas

Trámite de audiencia

AC/10/140.01.75

103-A-CO

Ramón Barca Pardiñas

Trámite de audiencia

AC/06/140.01.75

254

Mª Dolores Abelenda Velo

Resolución de dereitos de cobramento

AC/06/140.01.75

258

Jesús Villar Reino

Resolución de dereitos de cobramento