Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 1 de setembro de 2020 Páx. 34802

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ACORDO do 30 de xullo de 2020, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes, convocado pola Orde do 22 de maio de 2018, polo que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o 30 de xullo de 2020, o tribunal nomeado pola Orde do 12 de xullo de 2019 (DOG núm. 137, do 19 de xullo) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes, convocado pola Orde do 22 de maio de 2018 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria e na Resolución da Dirección Xeral de Función Pública, do 4 de xuño de 2020 (DOG núm. 114, do 12 de xuño), pola que se acorda realizar as probas presenciais daqueles procesos selectivos que se estaban desenvolvemento antes da declaración do estado de alarma a partir do 1 de outubro de 2020, facer público o anuncio de que o terceiro exercicio da oposición terá lugar o día 2 de outubro de 2020, en chamamento único que se iniciará ás 16.30 horas, nas aulas números 2 e 7 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), na rúa de Madrid, núm. 2-4, polígono das Fontiñas, en Santiago de Compostela.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e de bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso á aula en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. E non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2020

Antonio Rigueiro Rodríguez
Presidente do tribunal