Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 31 de agosto de 2020 Páx. 34648

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación inicial do expediente de expropiación forzosa para a obtención de solo destinado a vía pública na rúa San Pedro de Visma, 29, 31 e 33, 35 e 37, polo procedemento de taxación conxunta (expediente 620/2020/6).

A Xunta de Goberno Local, o día 15 de xullo de 2020, acordou:

«Primeiro. Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación forzosa, para a obtención do solo de sistema local viario, de tres parcelas, situadas na rúa San Pedro de Visma, 29, 31 e 33, 35 e 37, elaborado polo técnicos municipais do Servizo de Planeamento e Xestión, que afecta as parcelas catastrais 6220611NJ4062S0001XZ, 6220610NJ4062S0001DZ e 6220609NJ4062S0001IZ.

O importe do presente proxecto de expropiación ascende á cantidade de 41.549,18 €, existindo crédito adecuado e suficiente no orzamento municipal de 2020 con cargo á aplicación orzamentaria 30.151.600.05.

Segundo. Optar polo procedemento de taxación conxunta para a tramitación do expediente.

Terceiro. Ordenar a apertura do trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun periódico dos de maior circulación da provincia, así como na sede electrónica municipal, para que, aquelas persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que consideren oportunas, en particular no relativo á titularidade ou a valoración dos seus respectivos dereitos.

Cuarto. Notificar as taxacións de forma individual a aquelas persoas que consten como titulares de bens e dereitos no expediente, mediante traslado literal das correspondentes follas de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que poidan formular alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data da notificación e requirirlles que acheguen os títulos que os/as acrediten como propietarios/as ou titulares doutros dereitos».

O expediente estará á disposición dos interesados, durante o prazo dun mes, nas dependencias da Área de Urbanismo, Infraestruturas, Vivenda e Mobilidade do Concello da Coruña situadas na praza de Indalecio Prieto, nº 1-3, en horario das 9.00 ás 13.00 horas, previa cita que poderá solicitar por escrito no Rexistro Municipal ou na dirección de correo electrónico registrourbanismo@coruna.es

A Coruña, 29 de xullo de 2020

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3846/2019, do 26 xuño; BOP núm. 124, do 3 de xullo)
Juan Manuel Díaz Villoslada
Concelleiro delegado de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Localización

Referencia catastral

Superficie (m2)

Tipo de afectación

1

R/ San Pedro de Visma, 29-31-33

6220611NJ4062S0001XZ

57,48

Parcial

2

R/ San Pedro de Visma, 35

6220610NJ4062S0001DZ

33,46

Parcial

3

R/ San Pedro de Visma, 37

6220609NJ4062S0001IZ

199,70

Total