Notifícaselle ao interesado, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución do expediente sancionador que a continuación se relaciona, anexo, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día.
Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpor recurso de alzada, ante a Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela), a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e no artigo 23 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio (BOE do 3 de xuño), do Regulamento xeral sobre procedemento para a imposición de sancións por infraccións na orde social. O recurso interporase ante o órgano que ditou o acto ou ante o competente para resolvelo.
Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos.
Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica, o interesado poderá comparecer no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Emprego e Economía Social desta xefatura territorial, sita na avenida de La Habana, 79, 7º, Ourense.
Ourense, 12 de agosto de 2020
O xefe territorial de Ourense
P.S.L. (Artigo 62.3 do Decreto 135/2017)
Sofía Rodríguez Rodríguez
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica
ANEXO
Nº expte. |
Nº acta infracción |
NIF/CIF |
Último enderezo coñecido |
Data da resolución |
Importe da sanción |
8/2020 |
I322020000000187 |
B15639453 |
Rúa José Luis Pérez Cepeda, 4, baixo 15004 A Coruña |
19.6.2020 |
3.125,00 € |