Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 28 de agosto de 2020 Páx. 34428

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que notifica a resolución sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta de Ourense no expediente PR204A 2019/3806-3 e quince máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236 do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan non anexo a resolución denegatoria da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta ao non ser posible a súa notificación persoal por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, están á disposición das persoas interesadas na Xefatura Territorial de Ourense, na avenida de La Habana, 79, 1º, 32004, Ourense.

Esta resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo dentro do prazo de dez (10) días hábiles desde a publicación desta notificación. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido a Comisión Provincial de Asistencia Xurídica Gratuíta de Ourense (avenida de La Habana, 79-1º, Ourense) e será resolta polo xulgado correspondente, que lle poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso de dereito, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 29 de xullo de 2020

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente

DNI/Equivalente

PR204A2019/3806-3

44465628G

PR204A2019/4723-3

44484779L

PR204A2020/398-3

X8171741W

PR204A2020/834-3

44496277V

PR204A2020/903-3

44090220W

PR204A2020/982-3

34631317X

PR204A2020/1015-3

44496277V

PR204A2020/1139-3

34962362Q

PR204A2020/1148-3

44470578D

PR204A2020/1191-3

34267062Y

PR204A2020/1243-3

34904937E

PR204A2020/1312-3

45830382F

PR204A2020/1329-3

46991298K

PR204A2020/1367-3

44445127L

PR204A2020/1393-3

44457778C

PR204A2020/1469-3

34952491N