Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 27 de agosto de 2020 Páx. 34106

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 19 de agosto de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental do proxecto da LAT 220 kV Campelo-Mesón (segundo modificado), nos concellos de Carballo, Carral, Cerceda, Coristanco, Ordes e Tordoia (expediente IN408A 2018/14).

Antecedentes:

Primeiro. Con data do 10.4.2018, Greenalia Power, S.L.U. solicitou a autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, o estudo de impacto ambiental e a declaración de interese especial, e achegou a documentación técnica necesaria do proxecto.

Segundo. Con data do 26.4.2018, o Consello da Xunta de Galicia declarou de interese especial o proxecto da LAT 220 kV Campelo-Mesón, o que ten como efectos a tramitación de forma prioritaria, con carácter de urxencia e a redución á metade dos prazos necesarios na instrución do procedemento.

Os proxectos declarados de interese especial debían executarse e solicitar a autorización de explotación con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2020. Queda, en caso contrario, sen efectos esta declaración de interese especial.

Terceiro. Con data do 6.7.2018, mediante Acordo da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña, someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental, realizada por Geenalia Power, S.L.U. (DOG núm. 148, do 3.8.2018).

Cuarto. Con data do 7.2.2019, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas tomou razón do cambio de denominación da sociedade Greenalia Power, S.L.U. a Greenalia Wind Power, S.L.U.

Quinto. Debido ás correccións introducidas polos informes emitidos por organismos e entidades, con datas do 11.3.2019, 25.3.2019 e 12.4.2019, o promotor, Greenalia Wind Power, S.L.U., presentou nova documentación técnica que supón unha modificación do proxecto con respecto á documentación que foi exposta mediante o Acordo de 6 de xullo de 2018, publicado no DOG núm. 148, do 3 de agosto (antecedente terceiro).

Sexto. Con data do 3.5.2019, mediante Acordo da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña, someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental, realizada por Geenalia Wind Power, S.L.U. (DOG núm. 100, do 28.5.2019).

Sétimo. Novamente, debido ás correccións introducidas motivadas polos informes emitidos por organismos e entidades, con datas 28.2.2020, 12.3.2020 e 3.8.2020, o promotor, Greenalia Wind Power, S.L.U., presentou nova documentación técnica (febreiro 2020-visado o 27.2.2020), que supón unha modificación do proxecto con respecto á documentación que foi exposta mediante o Acordo de 3 de maio de 2019, publicado no DOG núm. 100, do 28 maio (antecedente sexto).

Polo anterior, en cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental (modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia); na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia; no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

Solicitante/promotor: Greenalia Wind Power, S.L.U.-NIF B70501473 (antes coa denominación social de Greenalia Power, S.L.U.).

Enderezo social: praza María Pita, nº 10, 1º, 15001 A Coruña.

Denominación do proxecto: LAT 220 kV Campelo-Mesón (modificado) (do 27.2.2020 e visado 20200475 o 27.2.2020).

Municipios afectados: concellos de Carballo, Carral, Cerceda, Coristanco, Ordes e Tordoia (A Coruña).

Orzamento: 10.156.357,69 €.

Obxecto:

Co fin de evacuar a enerxía xerada polos parques eólicos proxectados de Campelo (IN661A 2011/16), Bustelo (IN408A 2017/002) e Monte Toural (IN408A 2017/017), proxéctase unha liña de alta tensión de 220 kV con inicio na subestación do parque eólico de Campelo proxectada (IN661A 2011/16) e final na subestación de transporte existente de Mesón do Vento.

Características técnicas das instalacións:

– LAT a 220 kV simple circuíto de 38.574 m, coa seguinte configuración técnica:

– LATA a 220 kV simple circuíto dúplex, de 35.334 m, condutor tipo LA-455 Al, con orixe no pórtico da SET do parque eólico de Campelo proxectada (IN661A 2011/16), e remate no paso A/S do apoio nº 103 proxectado. Os apoios proxectados son do tipo celosía de aceiro.

– LATS a 220 kV, de 1.186 m, condutor tipo RHZ1-RA+2OL (AS) 127/220 2×(1×630) Al, con orixe no PA/S do apoio nº 103 proxectado e final no paso A/S do apoio nº 104 proxectado. Conexión equipotencial das terras en ambos os dous extremos en condutor tipo RV 0,6/1 kV 1×Cu185 mm².

– LATA a 220 kV simple circuíto dúplex, de 809 m, condutor tipo LA-455 Al, con orixe no paso A/S do apoio nº 104 proxectada, e final no paso A/S do apoio nº 107 proxectado. Os apoios proxectados son do tipo celosía de aceiro.

– LATS a 220 kV, de 1.244 m, condutor tipo RHZ1-RA+2OL (AS) 127/220 2×(1×630) Al, con orixe no PA/S do apoio nº 107 proxectado e final na posición prevista na SET Mesón do Vento de transporte. Conexión equipotencial das terras en ambos os dous extremos en condutor tipo RV 0,6/1 kV 1×Cu185 mm².

Obxecto da información pública:

– A autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental das instalacións. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa, dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

– Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución (febreiro 2020-visado o 27.2.2020).

1.1. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e dereitos afectados pola modificación do proxecto (RBDA-xullo 2020), que figura nos anexos que se insire neste acordo.

1.2. Plano xeral do proxecto da LAT Campelo-Mesón (modificado).

1.3. Planos individuais dos predios afectados pola 2ª modificación do proxecto (RBDA-xullo 2020).

2. O estudo de impacto ambiental (EIA) (abril 2018).

2.1. A addenda ao estudo de impacto ambiental (marzo 2019).

2.2. A 2ª addenda ao estudo de impacto ambiental (febreiro 2020).

3. O proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (febreiro 2020-visado o 27.2.2020).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33.8 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental (modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia), para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran nas relacións anexas a este acordo, e das persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se é o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da Sección de Enerxía desta Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 as 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.enerxia.coruna@xunta.es ou nos teléfonos 981 18 49 83 e 981 18 49 23), así como nos concellos de Carballo, Carral, Cerceda, Coristanco, Ordes e Tordoia (A Coruña). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía, Emprego e Industria https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion?content=expediente_0008.html

O estudo de impacto ambiental estará tamén dispoñible, durante o mesmo prazo, nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

A Coruña, 19 de agosto de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO II

Relación de bens e dereitos desafectados con respecto ao Acordo do 3 de maio de 2019 (DOG núm. 100, do 28 maio) polo proxecto modificado (do 27.2.2020 e visado 20200475 o 27.2.2020) da LAT 220 kV Campelo-Mesón nos concellos de Carballo, Carral, Cerceda, Coristanco, Ordes e Tordoia (A Coruña)

– Concello de Coristanco: predios nº 2, 6, 53, 81, 107, 116 e 129.

– Concello de Tordoia: predios nº 208, 211, 237, 239, 251, 365, 395, 404, 414, 455, 491, 529, 534, 536, 538,539, 540, 541, 542, 543, 544, 545, 546, 547, 548, 549, 550, 551, 552, 553, 554, 555, 556,557, 558, 559, 560, 561, 562, 563, 564, 565, 566, 567, 568, 569 e 570.

– Concello de Cerceda: predios nº 654 e 687.

– Concello de Ordes: predios nº 748, 785 e 820.