Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 27 de agosto de 2020 Páx. 34143

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 5 de marzo de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se fai pública a autorización de constitución do couto mineiro Rañadoiro-Coto da Rexa formado polas concesións de explotación Rañadoiro número 2651.1 (PO/C/02651.1) e Coto da Rexa número 2714 (PO/C/02714), en Pontevedra.

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Pontevedra fai saber que o director xeral de Enerxía e Minas, por delegación da persoa titular da consellería competente en materia de minas da Comunidade Autónoma de Galicia (de acordo co artigo 2 da Orde do 10 de xuño de 2016, sobre delegación de competencias en diversos órganos da Consellería de Economía, Emprego e Industria), o 18 de outubro de 2018 autorizou a constitución do couto mineiro Rañadoiro-Coto da Rexa formado polas concesións de explotación Rañadoiro nº 2651.1 (PO/C/02651.1) e Coto da Rexa nº 2714 (PO/C/02714) a favor da sociedade Rocas Maresgra, S.L.

O que se fai público para xeral coñecemento, en cumprimento do artigo 109.3 da Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, e o 135.5 do Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o Regulamento xeral para o réxime da minaría.

Pontevedra, 5 de marzo de 2020

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra