Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 26 de agosto de 2020 Páx. 33938

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comandancia da Garda Civil da Coruña

ANUNCIO de poxa de armas.

Ás 9.00 horas do día 26 de outubro de 2020 terá lugar nas dependencias da Garda Civil da Coruña, sitas na rúa Médico Devesa Núñez, nº 3, a poxa de armas composta por 419 lotes de escopetas, carabinas, rifles, pistolas e revólveres, que serán expostas ao público os días 19, 20, 21, 22 e 23 de outubro, neste acuartelamento, das 9.00 ás 13.00 horas, horario en que se entregará o prego de condicións.

A poxa será en sobre pechado e o seu prazo de entrega, coas ofertas, rematará ás 13.00 horas do día 23 de outubro.

Poderán concorrer as persoas que o desexen e estean legalmente habilitadas para adquirilas.

A Coruña, 30 de xullo de 2020

Javier Jambrina Rodríguez
Coronel xefe da Comandancia
da Garda Civil da Coruña