Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 26 de agosto de 2020 Páx. 33932

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 2020 pola que se somete a información pública a modificación substancial da delimitación dos espazos e dos usos portuarios do porto de San Tomé-Tragove (Cambados).

A área de explotación e planificación portuaria da entidade pública empresarial Portos de Galicia elaborou a modificación substancial da delimitación dos espazos e dos usos portuarios (DEUP) do porto de San Tomé-Tragove (termo municipal de Cambados, Pontevedra) conforme o artigo 53 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia.

Este documento sométese a información pública para que as persoas físicas ou xurídicas interesadas poidan examinalo e presentar por escrito as reclamacións ou alegacións que consideren oportunas, dispoñendo para isto do prazo de dous (2) meses que se contarán a partir do día seguinte ao da data da publicación deste anuncio.

As reclamacións ou alegacións poderán ser presentadas nas oficinas dos servizos centrais do ente público, situadas na praza de Europa, nº 5A, 6º, 15707 Santiago de Compostela, ou ben nas oficinas da zona sur de Portos de Galicia, na rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º e 2º, 36002 Pontevedra, ou na sede electrónica correspondente. Así mesmo, o referido documento estará dispoñible nas ditas oficinas, onde se poderá examinar durante o prazo indicado e nos días hábiles, das 9.00 ás 14.00 horas, e tamén na páxina web www.portosdegalicia.gal, no enderezo http://portosdegalicia.gal/gl/web/portos-de-galicia/en-tramite .

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2020

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia