Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 25 de agosto de 2020 Páx. 33654

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se procede á baixa por disolución da Unión Sindical de Docentes de Galicia USDG na oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais.

En cumprimento do disposto no artigo 3.c) do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral se procedeu á baixa da Unión Sindical de Docentes de Galicia USDG, segundo acordo de disolución adoptado no congreso extraordinario celebrado o 29 de xuño de 2020.

– Asina a certificación: Andrea Estévez Barreiro.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2020

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego