Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 25 de agosto de 2020 Páx. 33656

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega).

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral se acordou depositar a modificación dos estatutos da Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega), relativa ao cambio do domicilio social no artigo 5.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: poderán pertencer á asociación todas as empresas e empresarios/as individuais que, legalmente constituidos/as, teñan como actividade fundamental a produción de toda clase de espectáculos escénicos.

Asinante: Juan Pablo Rodríguez Santiago.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2020

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego