Conforme os criterios reitores das bases de mobilidade interna voluntaria do persoal estatutario fixo, correspondentes ás categorías de persoal sanitario diplomado e de formación profesional e de persoal de xestión e servizos das institucións sanitarias de atención especializada do Servizo Galego de Saúde, aprobadas pola Mesa Sectorial o 23 de decembro de 2009, a Xerencia da Área Sanitaria de Ferrol, tras un proceso de negociación coa representación legal dos traballadores deste centro sanitario, e con base nas competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (DOG nº 208, do 31 de outubro) e polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan ás áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG nº 204, do 25 de outubro), o xerente de Área Sanitaria de Ferrol
RESOLVE:
Primeiro. Anunciar a convocatoria de prazas de mobilidade interna voluntaria do persoal fixo da categoría de técnicos en coidados auxiliares de enfermaría, técnicos especialistas de laboratorio e técnicos especialistas de radiodiagnóstico, así como as bases que rexerán a convocatoria. O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da súa publicación.
A formalización das solicitudes de participación, así como o rexistro dos méritos para a súa posterior valoración, efectuarana as persoas concursantes a través do currículo do profesional habilitado (Fides expedient-e), ao cal se accederá na forma que se indica no anexo III da convocatoria.
Segundo. Ordenar a súa publicación nos taboleiros de anuncios da Dirección de Recursos Humanos da Área Sanitaria de Ferrol, na Intranet da Área Sanitaria de Ferrol e no Punto de atención ao/á traballador/a.
Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada, perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Ferrol, 4 de agosto de 2020
Ángel Facio Villanueva
Xerente da Área Sanitaria de Ferrol