Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 21 de agosto de 2020 Páx. 33422

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se modifica a Resolución do 2 de xullo de 2020 pola que se fai pública a convocatoria, mediante procedemento aberto con criterio único (prezo), para un alleamento de madeiras na provincia da Coruña.

O 11 de agosto de 2020 publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 160, a Resolución do 2 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai pública a convocatoria mediante procedemento aberto con criterio único (prezo) para un alleamento de madeiras na provincia da Coruña.

No seu parágrafo sétimo indícase: «As ofertas presentaranse a través da sede electrónica (https://sede.xunta.gal) (código de procedemento MR612A) durante os vinte e seis (26) días naturais seguintes ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución».

Debido a cuestións organizativas do persoal que forma parte da mesa de contratación, cómpre modificar, para este procedemento en concreto e de xeito excepcional, o citado parágrafo.

Polo exposto,

RESOLVO:

Modificar o parágrafo sétimo da Resolución do 2 de xullo de 2020, para ampliar o prazo de apertura das proposicións económicas en trece (13) días naturais, que queda redactado como segue:

«As ofertas presentaranse a través da sede electrónica (https://sede.xunta.gal) (código de procedemento MR612A) durante os trinta e nove (39) días naturais seguintes ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución».

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2020

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural