Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 21 de agosto de 2020 Páx. 33410

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 1 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a resolución de outorgamento da concesión de explotación derivada do permiso de investigación denominado Blanca fracción primeira número 5479.1ª.

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo fai público que o director xeral de Enerxía e Minas, por delegación de competencias do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, asinou o 24 de setembro de 2019 a resolución de concesión de explotación derivada do permiso de investigación que a seguir se describe:

Nome: Blanca fracción primeira.

Número de expediente: 5479.1ª.

Recurso: lousa.

Termo municipal: Quiroga, provincia de Lugo.

Superficie: 5 cuadrículas mineiras.

Titular: Carlos López Navaza.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 27.2 da Lei  3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.

Lugo, 1 de xullo de 2020

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo