Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 21 de agosto de 2020 Páx. 33390

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 87/2020).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 87/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio Pérez Cutrín contra a empresa Amilaxa Servicios Generales, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditaron auto e decreto con data do 30 de xullo de 2020, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva:

Dispoño: despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Antonio Pérez Cutrín, fronte a Amilaxa Servicios Generales, S.L., parte executada, por importe de 19.243,91 euros en concepto de principal (7.289,75 € indemnización máis 7.299,16 € salarios de tramitación máis 4.655 € salarios), máis 303,22 euros en concepto de xuros de mora de 4.655 €, máis 1.954,71 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o letrado da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados asemade á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, quedando a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres (3) días hábiles seguintes ao da súa notificación, no que ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título, e a compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta en Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0087 20. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá ingresarse na conta número ES55 0049 3569 9200 0500 1274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0087 20”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de Observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza. A letrada da Administración de xustiza».

E a parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva:

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir de pagamento a Amilaxa Servicios Generales, S.L. pola cantidade reclamada, que ascende a 19.243,91 euros en concepto de principal (7.289,75 € indemnización máis 7.299,16 € salarios de tramitación máis 4.655 € salarios), máis 303,22 euros en concepto de xuros de mora de 4.655 €, máis 1.954,71 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros, gastos e custas, e, se non paga no prazo de dez (10) días, ingresándoo na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander co número ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (concepto transferencia 5076 0000 64 0087 20), procederase ao embargo dos seus bens na medida suficiente para responder pola cantidade pola que se despachou execución máis as custas desta.

– Requirir a Amilaxa Servicios Generales, S.L. co fin de que, no prazo de dez (10) días, manifeste unha relación de bens e dereitos abondo para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Notifíquese ás partes e a Amilaxa Servicios Generales, S.L. por medio de edictos no DOG, e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres (3) días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta en Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0087 20. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número ES 55 0049 3569 9200 0500 1274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0087 20”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de Observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acordo e asino. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Amilaxa Servicios Generales, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza