Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 21 de agosto de 2020 Páx. 33412

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 6 de agosto de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, polo que se notifica a resolución do procedemento de responsabilidade patrimonial no expediente RP-2018-0246-C, devolta polo servizo de Correos.

O 8 de xullo de 2020, o conselleiro de Sanidade ditou resolución relativa á reclamación de responsabilidade patrimonial por danos derivados da asistencia sanitaria que formulou a persoa reclamante que se sinala no anexo deste anuncio.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a devandita resolución, que foi devolta polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Así mesmo, e como queira que segundo o artigo 46 da devandita Lei 39/2015, do 1 de outubro, a publicación da resolución pode lesionar dereitos ou intereses lexítimos, esta cédula limitarase á publicación, como anexo, dunha somera indicación do contido do acto e do lugar onde o interesado poderá comparecer en prazo, para coñecemento do contido íntegro do devandito acto e constancia de tal coñecemento.

Lémbrase que a citada resolución pon fin á vía administrativa de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Contra ela poderá interpor recurso contencioso-administrativo de acordo co que establece o artigo 14.1, na súa regra segunda, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O prazo será de dous (2) meses, contados desde o día seguinte ao da notificación, de conformidade co artigo 46 da referida Lei xurisdicional.

A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2020

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Nº de expediente: RP-2018-0246-C.

Reclamante: 32397137G.

Último enderezo coñecido: rúa Andrés Antelo, núm. 14-6, 15002 A Coruña.

Contido da notificación: resolución do conselleiro de Sanidade con data do 8.7.2020 relativa á reclamación de responsabilidade patrimonial por danos sufridos como consecuencia da asistencia sanitaria prestada.

Lugar de comparecencia: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, Edificio Administrativo de San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela.

Prazo de comparecencia: dez (10) días.