Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 20 de agosto de 2020 Páx. 33280

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 22 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, de notificación do inicio do tramite de audiencia en relación co expediente de concentración parcelaria do Burgo-Vilamaior-Camba (Castro Caldelas, Ourense).

De conformidade co disposto no artigo 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

No prazo de dez (10) días desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado, as persoas interesadas poderán comparecer nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural (rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6, baixo) en Ourense para coñeceren o texto íntegro da resolución que se notifica.

Para garantir o cumprimento das medidas de distanciamento social previstas con motivo da pandemia causada pola COVID-19, para efectuar a referida comparecencia deberase concertar previamente unha cita no teléfono 988 38 64 89.

Ourense, 22 de xullo de 2020

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Interesada/o

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

30559869E

Trámite de audiencia

O Burgo-Vilamaior-Camba (Castro Caldelas, Ourense)