Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 20 de agosto de 2020 Páx. 33270

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 3 de agosto de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador por infracción na orde social 15/2020 e un máis.

De conformidade co establecido nos artigos 44, 45.1 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á empresa que a seguir se relaciona a resolución ditada no expediente sancionador por infracción na orde social, devolto polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, esta non se puido efectuar.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpor recurso de alzada, perante a Secretaría Xeral de Emprego, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de acordo co establecido nos artigos 30 e 122 da Lei 39/2015, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

A interesada, durante este prazo, poderá presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo, situado na rolda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución e recoller o documento de pagamento.

Advírtese que de non ser interposto o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza e deberá aboar a multa imposta a través das entidades colaboradoras que constan no documento de pago, xa que, en caso contrario, se procederáá execución pola vía de constrinximento nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001.

Expediente: 15/2020 (acta de infracción I272019000036511).

Materia: obstrución.

Data da resolución: 30 de xuño de 2020.

Empresa: Díaz López, Óscar.

Enderezo:Supena, 7. Ronfe, 27367 Láncara (Lugo).

Expediente: 24/2020 (acta de infracción I272019000036612).

Materia: relacións laborais.

Data da resolución: 30 de xuño de 2020.

Empresa: Díaz López, Óscar.

Enderezo: Supena, 7. Ronfe, 27367 Láncara (Lugo).

Lugo, 3 de agosto de 2020

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo