Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 20 de agosto de 2020 Páx. 33300

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 5 de agosto de 2020 pola que se notifica o acordo de resolución de arquivamento do procedemento administrativo sancionador do expediente 13-05-19-14.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, e por non ser posible a notificación no domicilio, notifícaselle a Juan Carlos Juncal Piñeiro, con DNI ***6083**, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, que mediante a Resolución do 21 de outubro de 2019, emitida polo instrutor do procedemento ao abeiro do artigo 89 da Lei 39/2015, se acordou a finalización e o conseguinte arquivamento do procedemento administrativo sancionador tramitado coa referencia 13-05-19-14.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2020

Jesús Javier Fernández Barro
Instrutor