Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 19 de agosto de 2020 Páx. 33021

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Calvos de Randín

ANUNCIO de información pública do Plan especial para a creación de solo urbano con destino a usos industriais e terciarios.

Mediante acordo plenario celebrado con data do 8 de xullo de 2020 aprobouse inicialmente o Plan especial para a creación de solo urbano con destino a usos industriais e terciarios no municipio de Calvos de Randín.

De conformidade co artigo 75.1.a) de Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e co artigo 186.1.a) do seu regulamento, sométese a información pública por prazo de dous (2) meses contados desde a publicación no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se estimen pertinentes ou obter copias.

Se transcorrido dito prazo non se presentaron alegacións, o documento será elevado para a súa aprobación definitiva, se procede.

Calvos de Randín, 22 de xullo de 2020

Aquilino Valencia Salgado
Alcalde