Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 18 de agosto de 2020 Páx. 32834

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2020, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 12 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2020 (Diario Oficial de Galicia número 246, do 27 de decembro).

O artigo 20 da Orde do 12 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2020 establece que no prazo máximo de dous meses contados desde a data de resolución das concesións se publicará no Diario Oficial de Galicia a relación de subvencións concedidas, con indicación da norma reguladora, a entidade beneficiaria, o crédito orzamentario, a contía e a finalidade da subvención.

En consecuencia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións ao abeiro da Orde do 12 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2020, segundo o anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2020

A directora xeral de Patrimonio Natural
P.D. (Resolución do 31.7.2020)
Juan Gómez Aspeteguía
Subdirector xeral de Espazos Naturais

ANEXO

Norma reguladora: Orde do 12 de decembro de 2019 polo que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2020 (código de procedemento MT804B).

Crédito orzamentario: 75.000 euros.

Aplicacións orzamentarias: 07.03.541B-760.0, ata un máximo de 50.000 €, e
07.03.541B-780.0, ata un máximo de 25.000 €, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020.

Finalidade: establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas para actuacións encamiñadas á conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras regulado polo Decreto 67/2007, do 22 de marzo, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2020.

Expediente, entidades beneficiarias, aplicación orzamentaria, importe adxudicado:

Nº de expediente

Entidade beneficiaria

Elemento do catálogo

Aplicación orzamentaria

Importe adxudicado (€)

001/2020

Concello de Caldas de Reis

17 F

07.03.541B-760.0

7.973,84

002/2020

Fundación José Luis Taboada

82A

07.03.541B-780.0

853,58

27F

07.03.541B-780.0

2.373,86

003/2020

Concello de Bergondo

101A

07.03.541B-760.0

3.504,37

004/2020

Pazo de Barrantes, S.A.

7F

07.03.541B-780.0

3.540,14

005/2020

Restaurante La Penela, S.L.

77A

07.03.541B-780.0

2.675,52

006/2020

Juan Armada Díez de Rivera

2F

07.03.541B-780.0

4.543,60

008/2020

Asociación Xotramu

35F

07.03.541B-780.0

1.450,00

009/2020

CMVMC de Viladesuso

33F

07.03.541B-780.0

2.853,00

010/2020

Concello de Ourense

137A

07.03.541B-760.0

4.000,00

011/2020

Concello de Pontevedra

27A

07.03.541B-760.0

4.000,00

012/2020

María Elva Rey Martínez

37F

07.03.541B-780.0

3.359,83

014/2020

CMVMC de Serra de Casaio y Lardeira

19F

07.03.541B-780.0

3.350,47

015/2020

Concello de Poio

124A

07.03.541B-760.0

1.950,00