Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Suafer I e da concesión administrativa que a ampara, resulta:
a) Antecedente de feito:
Mediante escrito do 22 de xullo de 2020, Pilar González Soliño, José Antonio González Soliño e Rita González Soliño solicitaron autorización para a transmisión da concesión administrativa e da batea Suafer I.
b) Consideracións legais e técnicas:
Primeira. Este órgano é competente para resolver os expedientes de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro); e coa Orde do 8 de setembro de 2017, de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.
Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños en augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:
Autorizar a transmisión inter vivos con carácter privativo, a favor de Ana María Trigo Rouco (***3852**), da concesión administrativa e da batea que se indica a seguir:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Suafer I.
Situación:
Cuadrícula nº: 30.
Polígono: A.
Distrito: Redondela (Pontevedra).
Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante: concesión.
Orde de outorgamento: 28.6.1958.
Remate da vixencia: 15.12.2029.
Actuais titulares: Pilar González Soliño (***8324**), José Antonio González Soliño (***9161**) e Rita González Soliño (***9708**).
Nova titular: Ana María Trigo Rouco (***3852**).
Baixo as seguintes condicións:
Primeira. Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun (1) mes, desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:
a) Documento notarial da transmisión ou doazón.
b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.
Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.
Terceira. A nova titular da concesión queda subrogada nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun (1) mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous (2) meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Vigo, 23 de xullo de 2020
A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
A xefa territorial de Vigo
Por suplencia da xefa territorial (Resolución do 17.10.2017)
Carmen de Benito Caula
Xefa do Servizo de Recursos Mariños