Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 18 de agosto de 2020 Páx. 32877

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Oroso (expediente IN407A 2015/121-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construcción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Maderas Otero de Oroso, S.L.

Domicilio social: Mariñaos, 10, 15580 Oroso.

Denominación: proxecto de liña de media tensión a 20 kV e CT de 400 kVA en Mariñaos, Oroso.

Situación: Mariñaos, 10, 15580 Oroso.

Características técnicas:

Liña de media tensión aérea de 20 kV con inicio na liña de distribución SIG802 entre o CT Igrexa Oroso (15AJK9) e o CT Famelga (15APZ5), Al, lonxitude 20 m e fin no PAS proxectado (onde se instalan os seccionadores XS).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación executarase no prazo dun (1) ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A presente autorización entenderase outorgada, salvo o dereito de propiedade e sen prexuízo de terceiro, e non poderá ser invocada para excluír ou diminuír a responsabilidade civil ou penal en que puider incorrer o beneficiario no exercicio da actividade ou na explotación da instalación autorizada.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra o presente acordo, que non é definitivo en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 112, 115, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que coiden pertinente.

A Coruña, 3 de xuño de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña