Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 17 de agosto de 2020 Páx. 32785

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 1 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Meijomín, S.L. para a explotación de porcas reprodutoras situada en Meixomence, concello de Silleda, Pontevedra (expediente 2019-IPPC-M-154).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31.12.2016) regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19.10.2013), regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013 sométese a información pública, durante un período de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:

• «Proxecto de revisión de autorización ambiental integrada de Meijomín, S.L. en Meixomence-Silleda (Pontevedra)» para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

O documento estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO I

Memoria resumo

Expediente: 2019-IPPC-M-154.

Núm. da autorización ambiental integrada: 2008/0180_NAA/IPPC_237.

Categoría principal da actividade: anexo I, grupo 9.3.c).

Titular: Meijomín, S.L.

CIF: B36527513.

Enderezo social: r/ Emilio Alonso Paz, núm. 10, 3º B ,Silleda (Pontevedra).

Localización da instalación: lugar de Meixomence, parroquia de Ponte, Silleda (Pontevedra).

Actividade principal: explotación de porcas reprodutoras.

Descrición: explotación porcina de 1.622 porcas reprodutoras e 8 verróns para a inseminación das porcas nais. A instalación conta con silos para o penso, 2 depósitos de biomasa e 1 depósito de gasolina para abastecer de auga quente ao sistema de calefacción e 1 grupo electróxeno. Ademais dispón dun sistema de fosas interiores e exteriores cubertas para o almacenamento do xurro producido en seis meses.

Verteduras: as aguas xeradas na limpeza das naves e as residuais xeradas nos aseos e baños son recollidas e conducidas cara o sistema de fosas de xurro, e xestionaranse conxuntamente co dito xurro. As augas pluviais verteranse directamente ao terreo.

O esterco xerado no interior das naves será xestionado nunha planta intermedia de categoría 2.