Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 17 de agosto de 2020 Páx. 32756

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2020 pola que se amplía o prazo de execución e de xustificación establecidos na Resolución do 19 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de axudas para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago, e se establece a súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TU501D).

O día 2 de decembro de 2019 publicouse no Diario Oficial de Galicia número 229, a Resolución do 19 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de axudas para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago, e se establece a súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TU501D).

No artigo 21.1 das bases reguladoras establécese que a data límite para executar o proxecto e presentar a documentación xustificativa dos investimentos será o 20 de outubro de 2020.

A situación provocada pola evolución da epidemia do coronavirus COVID-19 e as medidas adoptadas tras a declaración do estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, polo Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, e as súas prórrogas, afectaron de xeito directo a tramitación do presente procedemento de concesión de subvencións, motivo polo que resulta preciso ampliar os prazos de execución e xustificación dos investimentos por parte das persoas beneficiarias, co fin de posibilitar que se poidan executar os investimentos que resulten subvencionados.

De acordo co anterior, vista a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento,

RESOLVO:

Ampliar ata o día 15 de novembro de 2020 (inclusive) o prazo de execución e xustificación dos investimentos que foron obxecto de subvención ao abeiro da Resolución do 19 de novembro de 2019, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de axudas para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago, e se establece a súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TU501D).

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2020

A directora da Axencia Turismo de Galicia
P.S. (Artigo 19.6 do Decreto 196/2012, do 27 de setembro,
DOG núm. 193, do 9 de outubro)
Mª Elena Barca Ramos
Xerente da Axencia Turismo de Galicia