Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Venres, 14 de agosto de 2020 Páx. 32553

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 29 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia en materia de residuos no expediente OU-RES-2020-001 e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado por quen se indica no anexo.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), na sede desta xefatura territorial, sita na rúa do Paseo, nº 18, 5º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).

Ourense, 29 de xullo de 2020

Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto notificado

Acto adoptado

OU-RES-2020-001

Florin Sali

Proposta

Polo instrutor

OU-RES-2020-004

Carlos Olivares Rodríguez

Proposta

Polo instrutor

OU-RES-2020-012

Laios Gabor

Proposta

Polo instrutor